luns, 18 de maio de 2015

OS LUMIMOUCHOS

Nada mais comezar o curso os nosos mouchiños da biblioteca deronse a coñecer coma  Os Lumimouchos dispostos a alumear á biblioteca coas súas lumiideas. Enseguidiña comezaron a ocupar a súa casa, cando lle tocaou  a súa quenda de garda. As casas de cores,... claro!! A cor é un dos temas "estrela" do curso nas nosas aulas.



sábado, 16 de maio de 2015

PROPOSTA DE TRABALLO DOCUMENTAL

A nosa andaina no Proxecto Documental que agora en maio está a piques de rematar comezou cunha proposta de pescuda científica dende a biblioteca.Desexabamos que o noso traballo fose científico-documental e experiencia, aprendendo a procurar información, a interpretala e vertela nun mural no que fosemos quen de explicarlle a tódolos compañeiros o conseguido.
Esta foi a proposta inicial e a distribución polas aulas.



xoves, 29 de xaneiro de 2015

2015: ANO INTERNACIONAL DA LUZ

Este mes de Xaneiro inaugurouse en Paris o "Ano Internacional da Luz" proclamado pola ONU. 
Nós, ainda que algunhas aulas xa deron algúns pasiños no camiño deste novo proxecto documental integrado, comezamos aquí o relato da nosa nova andaina compartida... o proxecto"As Viaxes da Luz". Pouquiño a pouco iremos enchendo este recunchiño cos nosos contidos e recursos.