SEXTO

Os nenos e nenas de 6º de Primaria traballaron no tema

VIAXE AO FUTURO
INVESTIGACIÓN E CIENCIA.OS INFRARROJOS. O LÁSER E A ÓPTICA NA SOCIEDADE E NA MEDICIÑA A LUZ NA COMUNICACIÓN. PULSOS DE LUZ E CABLES DE FIBRA.ÓPTICA.INTERNET.POSICIONAMENTO GLOBAL
INVESTIGACIÓN ESPACIAL

Este é o mural de fin de traballo,  cos detalles das súas pescudas, que presentaron:









Para coñecer mellor o que estaban investigando fixeron experimentos  conxuntamente coa clase de 5º de Primaria. Eles mesmos cóntanolo:

Hoxe 13 de marzo, tivemos sesión de experimentos.
Xuntámonos na clase dos de quinto e descubrimos cousas moi interesantes sobre a reflexión e a refracción da luz. Culleres a través de diferentes medios e densidades, moedas que desaparecen polo efecto óptico, espellos planos, cóncavos e convexos..
Imaxes invertidas coas culleres, a propagación da luz en liña recta a través dunha lata cunha vela.
Frechas que cambian de dirección  e para rematar o traballo en grupo elaboramos cuns cds o "disco de Newton" coas cores do arco da vella, para facer xiralos rápidamente e descubrir a luz branca produto da mestura de todas as cores.
E aínda non rematou todo o que imos facer!

Ningún comentario:

Publicar un comentario