4 ANOS

Os nenos  e nenas de 4 anos traballaron no tema



A VIAXE DA LUZ NO TEMPO A LUZ A TRAVÉS DA  HISTORIA EVOLUCIÓN DA ILUMINACIÓN DENDE A PREHISTORIA
vencellado ao tema escollido polos nenos  de 3º de Primaria A LUZ NA NOSA VIDA 

Este é  o mural que presentaron para expoñer todo o que aprenderon:





Os nenos de 4 anos partiron para motivarse do conto A LOS MONSTRUOS LES DA MIEDO LA OSCURIDAD xa que viñan de rematar un proxecto de Monstros. Quixeron axudar ao seu monstro preferido Tufo a non ter medo cando quedaba soíño na aula. Que mellor maneira de non ter medo que coñecer tódalas maneiras de iluminarse. Daquela decidiron botarlle unha ollada á historia. Tufo axudoulles nesta tarefa facendo unha viaxe no tempo e mandándolles información. 
A viaxe comezou na prehistoria. O traballo tomou a forma de proxecto de investigación por parte dos nenos a partir de materiais enviados polos pais (libros e obxectos varios, a información enviada por Tufo, as pescudas nos libros e na internet ).
Ademais de vivir a prehistoria cunha grande actividade experiencial que se centrou en como os prehistóricos chegaron á necesidade de ter máis luz que a natural e como foron resolvendo os seus problemas a recopilación de datos continuou cos avances mais significativos que se deron en tódalas demais épocas históricas ata chegar ao século XXI.  
Mirade aquí  e aquí o relato do seu proxecto.
Contáronno tamén no Xornal don Moucho.














No traballo final do mural no corredor reflectiron tódolos datos atopados e aprendidos.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario