xoves, 18 de xuño de 2015

LUMIIDEAS NO TERCEIRO TRIMESTRE

EN ABRIL E EN XUÑO PROPOSTAS PARA OS PAIS:
METALMOUCHO EXPOSICIÓN "LIBROS DISTINTOS"
XUNIÑO MURAIS "A LUZ DAS FAMILIAS. FOTOGRAFÍA"



MAIO LETRUCHA: ENQUISA AVALIACIÓN ALUMNADO "AS TÚAS SUXERENCIAS SAEN Á LUZ"








mércores, 17 de xuño de 2015

SEMANA DA PRENSA CON LUZ

Entre os días 11 e 14 de marzo o mural da semana da prensa arredor da luz foi o que deu contido ao traballo das aulas referido  tanto a prensa en papel como dixital.
Semana da prensa

ROSALIA E A LUZ

O día de Rosalía tivemos dúas sorpresas...o libro que nos regalou Johnbook  e o recital organizado polos nenos de 1ºA. O poema escollido...Alborada! Cadráballes moi ben no seu traballo arredor da luz.
Védelo aquí

O ENTROIDO

Lucerín gobernou no noso entroido. Desta vez non se trataba dunha das mascotas da biblioteca senon do meco que entronizamos para a festa.
Primeiro a semana da troula con motivos de luz.
Despois o defile tradicional; cada clase botou a voa a imaxinación e alumeou o patio cos seus deseños.

LUCERIN
Semana da troula e fotos do entroido

DE MALALA ÁS MULLERES TRABALLADORAS

A muller centrou moitas das pescudas deste curso.
Na fin de Xaneiro Malala Yousafai foi a protagonista sobre a que os nenos e nenas de distintos cursos recabaron información.


No mes de marzo tocoulle o turno a diferentes mulleres traballadoras que destacaron en Galicia. Grazas ao traballo dos maiores do cole todos puidemos saber delas.


LUMIIDEAS NO SEGUNDO TRIMESTRE

EN XANEIRO COPO "LUCES PARA APRENDER"


O mural da paz e os lemas










  

EN FEBREIRO JOHNBOOK "LÉ COMA MIN"



EN MARZO  COLORIN "VERSOS QUE SAEN Á LUZ" A PARTIR DUNHA NOVA DA PRENSA




Palabras relacionadas coa luz

Ollade o traballo poético feito aquí e aquí

domingo, 14 de xuño de 2015

NO PRIMEIRO TRIMESTRE : XOVES CON LUZ

A biblioteca no primeiro trimestre programou varias lecturas con luz nos "Xoves de lecturas". Estes foron os contos que os nenos de 4º e 6º foron lendo aos seus compañeiros:


A miña amiga a escuridade

As lentes de ver

Quen levou a lúa

A noite das mudanzas


LUMIIDEAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

 AS LUMIIDEAS QUE TIVERON ALGO QUE VER COA LUZ FORON AS DO MES DE OUTUBRO E MAILO MES DE DECEMBRO.

EN OUTUBRO MOUCHOLIBRO: 
"DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO"


Na lista de palabras había algunhas relacionadas coa luz, dando contido a un dos obradoiros propostos no proxecto "A luz e as palabras". Os nenos compuxeron estupendos relatos que se reuniron nunha carpeta especial que quedou na biblioteca durante todo o curso para a súa lectura polos compañeiros. Abofé que foron moitos os nenos e as aulas que se entretiveron lendo as nosas ocorrencias.


NO NADAL LIBROUCHO: "CONTAME UN CADRO"


luns, 18 de maio de 2015

OS LUMIMOUCHOS

Nada mais comezar o curso os nosos mouchiños da biblioteca deronse a coñecer coma  Os Lumimouchos dispostos a alumear á biblioteca coas súas lumiideas. Enseguidiña comezaron a ocupar a súa casa, cando lle tocaou  a súa quenda de garda. As casas de cores,... claro!! A cor é un dos temas "estrela" do curso nas nosas aulas.



sábado, 16 de maio de 2015

PROPOSTA DE TRABALLO DOCUMENTAL

A nosa andaina no Proxecto Documental que agora en maio está a piques de rematar comezou cunha proposta de pescuda científica dende a biblioteca.Desexabamos que o noso traballo fose científico-documental e experiencia, aprendendo a procurar información, a interpretala e vertela nun mural no que fosemos quen de explicarlle a tódolos compañeiros o conseguido.
Esta foi a proposta inicial e a distribución polas aulas.